Sin_título-5.jpg





A ciencia debe estar presente na escola. Así se recolle na LOE e no currículo de infantil onde se propoñen como obxectivos a observación e exploración activa do contorno, a xeración de interpretacións sobre situacións significativas, a observación dos cambios e modificacións dos elementos do contorno, a formulación de hipóteses, a anticipación a posibles efectos,...
Xustamente eses son os obxectivos deste Grupo de Traballo de Pontevedra, obxectivos que esta wiki nos permite facer visibles.

Todas as experiencias aquí presentadas teñen sentido no seu contexto de aula, de programación escolar, na súa unidade didáctica ou no seu proxecto correspondente e, en xeral, responden a este esquema de traballo:
1. Exposición de coñecementos previos
2. Presentación dos materiais e da situación experimental
3. Formulación de hipóteses: que pasará se...?
4. Anticipación aos efectos
5. Observación do experimento
6. Interpretación do ocorrido.Conclusións

Os nenos de educación infantil e primaria sorprenderannos cos seus coñecementos previos e coa súa lóxica, non sempre coherente coa realidade, pero sempre lóxica.
Os profesores aprenderemos con estas experiencias tanto como os nenos ou máis, porque saberemos máis de ciencia e coñeceremos mellor aos nosos alumnos.
Só hai que ter dúas premisas: boa organización e recollida de información. As sesións deben estar preparadas con antelación, para que os resultados sexan os esperados e todo o ocorrido debe ser recollido en vídeo, foto ou por escrito.

Ánimo e a experimentar!